A partir dos datos da estación meteorolóxica do centro, e unha vez dada a unidade didáctica de estadística, comezamos a traballar co alumnado de1º e 2º ESO cos valores que tiñamos. Neste caso, tomamos de referencia os valores de 3 meses, e fixemos un traballo estadístico co programa Excel. Desta forma puidemos obter valores moi interesantes que logo puxemos en común e tentamos sacar conclusión do que estaba a acontecer.
Traballamos coas funcións máximo, mínimo, media... e traballamos tamén cos gráficos, para comprender mellor os resultados de forma conxunta. Unha vez realizados os cálculos e os gráficos dos correspondentes tres meses, tentamos facer predicións, e dímonos de conta que é algo moi complexo e que depende de moitas variables, algo que xa o coñecíamos da nosa visita as instalacións de meteoGalicia, pero que ainda así tentamos facer de forma práctica no colexio.
É moi importante o estudo das variables meteorolóxicas para comprender o que acontece e ademais nos permite predicir o que pode pasar. Grazas a todas as persoas que se adican a estudar o tempo e facer as previsións meteorolóxicas que nos permiten decidir moitas cousas da nosa vida cotiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario