Descubrindo a meteoroloxía a través da ciencia e da tecnoloxía
O alumnado de 2º da ESO presenta neste podcast un resumo das investigacións realizadas arredor da meteoroloxía desde a perspectiva das materias de Física e Química e Tecnoloxía e Dixitalización.
Ao longo deste episodio comparten as principais conclusións dos seus traballos, nos que analizaron distintos fenómenos atmosféricos, o funcionamento dos instrumentos meteorolóxicos, a predición do tempo e o papel que desempeñan a ciencia e a tecnoloxía para comprender e estudar o clima.
Este podcast é o reflexo dun proceso de aprendizaxe baseado na investigación, na colaboración e no pensamento crítico, no que o alumnado tivo a oportunidade de formular preguntas, buscar información, interpretar datos e comunicar os resultados das súas investigacións.
Convidamos a toda a comunidade educativa a escoitar este interesante traballo e a descubrir como a curiosidade científica e as ferramentas tecnolóxicas nos axudan a comprender mellor o mundo que nos rodea.
Boa escoita!




