lunes, 23 de junio de 2025

REXISTRO DIARIO DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 O alumnado de 2º da ESO foi o encargado durante o curso 24-25 de realizar as medicións na estación meteorolóxica do centro. Despois da charla explicativa sobre os instrumentos de medida e como facer as súas lecturas correspondentes, comezamos cun calendario no que traballaríamos por parellas cada semana.

Foi un traballo moi interesante, xa que non so nos adicamos a medir as variables, tamén intentamos facer climogramas de cada mes para poder comparar os valores, sobretodo no referente as variacións de temperatura (máxima, mínima e real). Ainda que os resultados resultados moi variables e non tiñamos os valores dos fines de semán, as gráficas resultaron interesantes de analizar. Fixemos varias postas en común entre as parellas, ao ir analizando os datos.

Grazas a todo o curso de 2º da ESO pola súa implicación.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

REXISTRO DE DATOS DA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA NO MES DE XUÑO

   Durante o mes de xuño o alumnado de 2º da ESO estivo a recoller datos da estación meteorolóxica do colexio. Cada semana unha parella de a...