Os alumnos de 1º da ESO son un grupo moi curioso, e pese a que tiñamos un traballo de investigación programado sobre a nomenclatura das borrascas e tormentas, a raíz do acontecido a partir do 29 de outubro de 2024, deixamos de pensar nesa información e quixemos saber que estaba a acontecer.
O primeriro foi plantear a pregunta axeitada, porque realmente o grupo tiña ideas moi contradictorias, algunhas cousas polo que vían na televisión e outras por comentarios sen base técnica axeitada que creaban máis confusión. Polo tanto, o primeiro foi facer unha recopilación de ideas e buscar información para saber que información era real, cal podía ser exaxeración ou fake news e logo separar esa información do que nese momento se falaba de política.
Aproveitamos o material do portal educativo EDUCACIÓN 3.0, para tentar facer un enfoque puramente meteorolóxico. Comezamos vendo o vídeo explicativo do que é realmente unha dana.
https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/que-es-dana/
A raíz desta definición clara, traballamos sobre algunhas das ideas que eles propuxeran inicialmente. Tivemos que buscar alternativas de explicación, porque para algúns (por non dicir case todo, incluido os maiores,) é unha terminoloxía moi técnica e difícil de entender para 1º da ESO). Ao empezar a buscar información por parellas nos ordenadores, xurdían moitas dudas, polo que foi necesario establecer un guión de búsqueda.
Despois de entender o que era unha dana, tentamos analizar porque houbo tantos desperfectos e pérdidas humanas, analizándoo dende un punto de vista xeolóxico (pendente, cercanía de rios, embalses....) e dende un punto de vista ecosistema (tipoloxía de materiais que foron arricandos....) para logo poder facer una reflexión sobre a seguridade ou non de construir preto de rios, os permisos necesarios para construir, como funciona os sistemas de alerta, ....
Non fixemos fotos da situación, porque realmente ainda que o grupo estaba moi motivado por aprender, realmente moitos estaban en shock, como nos pasou a todos,
Esperamos que desta desgracia tan grande se poida aprender para poder evitar futuras catástrofes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario