miércoles, 1 de octubre de 2025

REXISTRO DE DATOS DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA NO MES DE SETEMBRO

Durante o mes de setembro  o alumnado de 2º da ESO estivo a recoller datos da estación meteorolóxica do colexio. Cada semana unha parella de alumnos facíase responsable da revisión de todos os equipos, tomar os datos e levalos ao noso recuncho meteorolóxico para que así toda a comunidade educativa estivera ao día da información máis importante.

Ainda que para o programa de meteoescolas só precisamos datos de temperaturas e precipitacións, aproveitamos os outros aparellos que comprou o centro, para poder hacer outras medicións e relacionalos con aspectos da nosa vida cotiá, como por exemplo a medición da presión atmosférica ou ben a humidade do aire.

Por outra banda cabe salientar que houbo algúns días que o alumnado non puido medir porque tivemos diferentes incidencias cos aparellos de medida. Esperamos solventar todos os problemas que xurdiron neste primer mes de traballo coa estación meteorolóxica.




ARQUIVO DE DRIVE

https://docs.google.com/document/d/1KRKO39QgAFUZ7AjwUQ568Md5HySdV7rG/edit?usp=share_link&ouid=115731737361374472729&rtpof=true&sd=true





No hay comentarios:

Publicar un comentario

ESTREAMOS A RADIO FACENDO UN PODCAST METEOROLÓXICO DO MES DE SETEMBRO

O alumnado de 1º da ESO que participou o curso pasado no concurso Ecopreguntoiro, colaborou coa posta en marcha da nosa radio escolar. Ainda...