lunes, 17 de noviembre de 2025

4 ANOS TRABALLA A METEOROLOXÍA CANTANDO E NA ASAMBLEA DE CLASE

 O alumnado de 4º de Educación Infantil segue avanzando, pasiño  a pasiño e con moita curiosidade, nas súas actividades dentro do proxecto sobre a meteoroloxía que ten o centro.. Nesta ocasión, continúan aprendendo a través dunha actividade moi especial: unha canción que cantan coa axuda da súa profesora.

A música convértese así nunha ferramenta perfecta para aprender mentres se divirten. Cantando e repetindo a letra, os nenos e nenas van familiarizándose con diferentes elementos do tempo atmosférico.


Ademais, seguen observando atentamente todo o que sucede no ceo. Pouco a pouco comezan a identificar e nomear distintos fenómenos meteorolóxicos, entendendo que é cada un deles: as nubes, o arco da vella, a chuvia e moitas outras cousas que forman parte do noso día a día. Afondamos os coñecementos cada vez que traballamos a asamblea, observando o que acontece a través das ventás da nosa clase.



A verdade é que son auténticas esponxas de coñecemento. Cada nova actividade é unha oportunidade para descubrir algo máis do mundo que os rodea, e fano sempre cunha actitude moi positiva e cun gran espírito de seguir aprendendo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

METEOFEST EN FOTOS

   O pasado venres despedimos o ano escolar por todo o alto cunha festa inesquecible: o  Meteofest . O escenario do ximnasio do colexio tran...