Dentro das actividades do Proxecto de Meteoroloxía do centro, o alumnado de 2º da ESO desenvolveu unha investigación centrada nunha pregunta moi ligada á nosa realidade climática: por que non neva en Vigo?
A actividade xurdiu a partir do traballo co funcionamento da nosa estación meteorolóxica escolar e da análise dos datos climáticos que recolle, xa que temos que recoller datos sobre si orballa, hai tormenta ou se hai precipitacións en forma de neve. Ao observar as temperaturas habituais da nosa cidade e comparar rexistros doutras zonas, o alumnado comezou a cuestionarse os motivos polos que a neve é un fenómeno moi pouco frecuente en Vigo.
Na aula iniciamos un proceso de busca de información, no que se analizaron diferentes factores meteorolóxicos e xeográficos: a influencia do océano Atlántico, as temperaturas medias, a altitude, a situación costeira e o papel das masas de aire. Para profundar nestes aspectos, o alumnado completou a investigación na casa, afianzando hábitos de traballo autónomo e de selección crítica da información.
Unha vez recompilados os datos, realizamos unha posta en común na aula, compartindo conclusións e contrastando ideas. Desta reflexión colectiva concluíuse que a proximidade ao mar actúa como regulador térmico, suavizando as temperaturas no inverno e impedindo que se dean as condicións necesarias para que a precipitación caia en forma de neve. Ademais, a baixa altitude da cidade e a escasa chegada de masas de aire frío explican a rareza deste fenómeno.
A partir de toda a información achegada polo alumnado, a profesora elaborou un mural explicativo e unha infografía, que permiten comprender de forma visual e sinxela os factores que condicionan o clima de Vigo. Estes materiais foron deseñados co obxectivo de achegar o coñecemento científico ao resto da comunidade educativa.
Esta actividade serviu para afondar no estudo do clima local, desenvolver habilidades de investigación e fomentar o pensamento científico, ao tempo que se reforza o uso da estación meteorolóxica como ferramenta didáctica fundamental dentro do noso centro.
ENLACE DEL DOCUMENTO ESCANEADO DO TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO E EXPOSTO NO MURAL DO COLEXIO.
https://drive.google.com/file/d/1kf98vpn4bLGxGRnNe61sQf_HgS0YrY6X/view?usp=sharing
ENLACE A INFOGRAFÍA CREADA COA AXUDA DA IA NOTEBOOK LM POR PARTE DO PROFESORADO COA INFORMACIÓN DO ALUMNADO
https://drive.google.com/file/d/1gLyoIeBziOnZah2G9UFSgs7Dc2yXwbMK/view?usp=sharing
Mural realizado coas investigacións do alumnado e a infografía que creamos coa IA Notebook LM.
ENLACE COA IMAXE DO MURAL DO TRABALLO REALIZADO COAS INVESTIGACIÓNS DO ALUMNADO

No hay comentarios:
Publicar un comentario