lunes, 23 de febrero de 2026

PODCAST METEOROLÓGICO SOBRE LA EXPERIENCIA DE LA TOMA DE DATOS DE LA ESTACIÓN METEOROLÓGICA

No marco do Proxecto de Meteoroloxía do centro, o alumnado de 2º da ESO elaborou un podcast no que comparte e analiza a súa experiencia na toma de datos da estación meteorolóxica escolar ao longo do primeiro trimestre.

Durante este período, o alumnado participou de forma activa na recollida de datos meteorolóxicos, asumindo responsabilidades reais e comprendendo a importancia da constancia e do rigor científico. Neste podcast, explican o seu grao de implicación e tamén reflexionan, con espírito crítico, sobre as dificultades e erros que xurdiron durante o proceso.

Entre os aspectos tratados, o alumnado recoñece algúns erros de medida, como esquecer reiniciar o termómetro nalgún momento, o que afectou aos rexistros. Tamén comentan as dificultades prácticas que atoparon á hora de medir a precipitación, xa que a probeta estaba rota e foi necesario solicitar unha nova para poder continuar coas medicións con normalidade.

Outro punto importante de reflexión foi o relacionado coas alertas meteorolóxicas. O alumnado explica como, en determinadas ocasións, non foi posible acudir á estación para realizar as medicións debido ás condicións meteorolóxicas adversas, comprendendo así que a seguridade debe estar sempre por riba da recollida de datos.

Neste podcast tamén se fai fincapé en que o proceso de aprendizaxe non é perfecto. O propio alumnado recoñece que, ao ser aínda novo, nalgún momento esqueceu realizar algunha medición, deixando claro que nunca foi de maneira intencionada. Esta reflexión sincera contribúe a entender a ciencia como un proceso humano, no que os erros forman parte da aprendizaxe e permiten mellorar no futuro.

A través deste traballo, o alumnado non só desenvolveu competencias científicas e comunicativas, senón que tamén aprendeu a analizar o seu propio proceso de aprendizaxe, valorar a responsabilidade individual e colectiva e comprender a importancia da constancia no traballo científico.

Unha experiencia moi enriquecedora que reforza o uso da estación meteorolóxica como recurso educativo e do podcast como ferramenta de reflexión e divulgación dentro do centro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O NOSO CENTRO RECIBE EN SANTIAGO UN RECOÑECEMENTO DE METEOESCOLAS E ESCOLAS VERDES EXCELENTES

O noso centro educativo vén de recibir unha importante distinción polo traballo realizado durante o pasado curso escolar. O proxecto desenvo...