viernes, 22 de mayo de 2026

METEOFEST

A meteoroloxía volve soar con máis forza ca nunca no noso centro! 🎶☀️

Despois dunha experiencia marabillosa co noso proxecto Meteobits, no que recompilamos cancións que falan ou mencionan elementos e fenómenos meteorolóxicos, este curso decidimos ir un paso máis alá.

E así nace… ⚡🌈 METEOFEST 🌪️🎤



Un festival escolar no que música e meteoroloxía se unen para crear unha tarde chea de ritmo, ilusión, creatividade e… moi boa onda atmosférica!

📅 22 de maio – sesión de tarde

Todas as actuacións do festival estarán acompañadas polas cancións da nosa lista de Spotify “Meteobits”, convertendo o noso cole nun auténtico escenario meteorolóxico onde a ciencia tamén se canta, se baila e se vive.

Ademais, o alumnado encherá o festival de cor e ambiente con decoración, complementos e caracterizacións inspiradas na atmosfera: nubes, vento, choiva, tormentas, sol, arco da vella… todo preparado para vivir unha xornada… de altas presións de ilusión e baixas probabilidades de aburrimento! 🌤️

E para que a nosa comunidade siga medrando, durante o festival tamén estará visible o mural de Meteobits, por se algunha familia aínda non se sumou a esta aventura musical e meteorolóxica.

Porque a meteoroloxía tamén se pode sentir ao ritmo da música.
Porque a ciencia tamén pode subir ao escenario.
Porque cando aprendizaxe, creatividade e ilusión se xuntan… créase o mellor clima posible

No hay comentarios:

Publicar un comentario

METEOFEST EN FOTOS

   O pasado venres despedimos o ano escolar por todo o alto cunha festa inesquecible: o  Meteofest . O escenario do ximnasio do colexio tran...