miércoles, 18 de diciembre de 2024

5º ED. PRIMARIA TRABALLA O REFRANEIRO METEOROLÓXICO

 O grupo de 5º de Primaria é un grupo moi participativo, que se apunta a todos os proxectos que se fan no colexio. Non quixeron deixar pasar a ocasión de aportar co seu traballo algo o proxecto de MeteoCristina. Polo que despois de darlle voltas, fixeron unha recopilación de refrán tradicionais galegos relacionados coa meteoroloxía. 

Para iso, buscaron en internet, preguntaron á familia  e a todas as persoas que se atopaban incluso pola rúa, para poder ter moitos e diferentes refráns. Despois, prepararon entre todos un mural para poder exponer o seu traballo.

Foi un traballo moi bonito e enriquecedor, xa que moitos destes ditos populares eran totalmente novos para eles.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

METEOFEST EN FOTOS

   O pasado venres despedimos o ano escolar por todo o alto cunha festa inesquecible: o  Meteofest . O escenario do ximnasio do colexio tran...