martes, 18 de febrero de 2025

O ALUMNADO DE 2º DA ESO FABRICA OS SEUS PROPIOS APARATOS DE MEDIDA DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 O noso alumnado de 2º ESO, dentro da materia de Proxecto e en colaboración coa materia de tecnoloxía, no proxecto dos plásticos, traballou por equipos para elaborar os seus propios instrumentos de medida. 

O primeiro foi realizar pesquisas en internet por grupos de traballo sobre o que é unha estación meteorolóxica e os aparatos de medida que contén cada unha delas.  Despois de averiguarlo, acordamos que prepararíamos 4 aparatos; cataventos, termómetro, pluviómetro, anemómetro.

Fixemos unha sesión de búsqueda de ideas, selección de material, reparto de traballo e decisións que foran necesarias, como o material que tiñan que traer, que material empregarían para pegar, unir, perforar... de tal xeito que nas próximas sesións se adicaran exclusivamente a súa construcción.



Ainda que houbo 4 grupos de traballo, non todos acadaron os mesmos resultados. Deixamos o resultado deste proxecto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

REXISTRO DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA DO MES DE OUTUBRO

 Seguimos a traballar coa estación meteorolóxica. Ainda que o alumnado está moi motivado, as veces precisamos recordar o procedemento de med...