Durante a segunda avaliación, entre o 21 de xaneiro ata o 27 de febreiro, o alumnado de 3º ed. Primaria traballou unha unidade didáctica relacionada co tempo atmosférico e contribuiron ao proxecto de Meteo Cristina de varias formas:
Participaron nunha charla do alumnado de 2º da ESO no que lles explicaron os aparatos de medición que temos no colexio e como funcionan. Así mesmo, tamén lles explicaron como se fai o rexistro e como funciona a previsión meteorolóxica.
Traballamos cos aparatos de medida da estación meteorolóxica de xoguete que temos en clase para poder facer un acercamento os instrumentos e recoñelos fácilmente despois na nosa estación do cole.
Visita a nosa estación meteorolóxica para ver os aparatos funcionando e tomar os datos dese día e apuntalos na nosa táboa de seguimento de aula.
Rexistro diario dos fenómenos atmosféricos durante o tempo que dura esta unidade didáctica.
Visita ao recuncho meteorolóxico para coñecer os datos rexistrados na nosa estación do cole.
Foi un grupo moi motivado e con moitísimas preguntas. É posible que nun futuro podiamos ter algún meteorólogo/a.



No hay comentarios:
Publicar un comentario