miércoles, 4 de diciembre de 2024

CHARLA A 2º ESO SOBRE OS INSTRUMENTOS DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA PREVIA Á VISITA A METEOGALICIA

Aproveitando que a próxima semana visitaremos as instalación de Meteogalicia  e aproveitando que estamos a coñecer o equipamento dunha estación meteorolóxica, a profesora Gladis amosounos de cerca os instrumentos da nosa estación meteorolóxica.

Explicou a clase de 2º da ESO que aparatos se teñen, os distintos tipos de medida que poden tomar e a importancia que ten medir de forma axeitada cada un dos aparatos. Serán os primeiros en empezar a traballar de forma directa coa estación, polo que é moi importante que sepan recoñecer onde vai cada un deles  e o tipo de información que nos da. A partir dos datos que se obteñan empezaremos a estudar os datos a través das diferentes materias para que poidamos pensar e sacar conclusións.

Aproveitamos para poder manipulalos e preguntar todas as dúbidas que puidéramos ter.

Xa temos ganas de ver a nosa MeteoCristina en funcionamento¡¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario

O NOSO CENTRO RECIBE EN SANTIAGO UN RECOÑECEMENTO DE METEOESCOLAS E ESCOLAS VERDES EXCELENTES

O noso centro educativo vén de recibir unha importante distinción polo traballo realizado durante o pasado curso escolar. O proxecto desenvo...