martes, 10 de diciembre de 2024

VISITA A METEOGALICIA DE 1º E 2º DE ED. SECUNDARIA

O alumnado de 1º e 2º da ESO visita as instalacións de MeteoGalicia en Santiago. Para iso, desplazámonos ata as súas instalacións da Rúa Roma en Santiago de Compostela, para coñecer de primeira man o traballo dos meteorólogos, as variables que rexistran e o funcionamento computerizado.

Puidemos observar de primeira man, como funciona un globo sonda e o rexistro de datos que se pode sacar da viaxe do globo, ver os datos integrados no superordenador e que logo permite sacar modelos que axudan aos meteorólogos a facer predicións. 

Así mesmo, tamén puidemos disfrutar dunha charla onde nos explicaron as variables meteorolóxicas, os seus aparatos de medida e a importancia que ten que se creen mais estacións meteorolóxicas para ter máis datos e poder dar modelos máis exactos.

Despois de rematar a visita, aproveitamos para facer unha visita pola zona histórica do casco vello, pero na mente dos nosos alumnos seguían a ferver ideas, modelos e previsións meteorolóxicas. 


Foi sen dúbida unha experiencia marabillosa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

REXISTRO DE DATOS DA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA NO MES DE XUÑO

   Durante o mes de xuño o alumnado de 2º da ESO estivo a recoller datos da estación meteorolóxica do colexio. Cada semana unha parella de a...