Durante o mes de febreiro o alumnado de 2º da ESO estivo a recoller datos da estación meteorolóxica do colexio. Cada semana unha parella de alumnos facíase responsable da revisión de todos os equipos, tomar os datos e levalos ao noso recuncho meteorolóxico para que así toda a comunidade educativa estivera ao día da información máis importante.
Como todos somos novatos no arte da medición con aparatos, ao principio facíamos o traballo coa responsable da estación para que logo cada unha das parellas de traballo apadrinara o inicio do traballo da seguinte parella.
Ainda que para o programa de meteoescolas só precisamos datos de temperaturas e precipitacións, aproveitamos os outros aparellos que comprou o centro, para poder hacer outras medicións e relacionalos con aspectos da nosa vida cotiá, como por exemplo a medición da presión atmosférica ou ben a humidade do aire.
ARQUIVO DO DRIVE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario