martes, 1 de abril de 2025

REXISTRO DOS DATOS DA NOSA ESTACIÓN DURANTE O MES DE MARZO

 Durante o mes de marzo o alumnado de 2º da ESO estivo a recoller datos da estación meteorolóxica do colexio. Cada semana unha parella de alumnos facíase responsable da revisión de todos os equipos, tomar os datos e levalos ao noso recuncho meteorolóxico para que así toda a comunidade educativa estivera ao día da información máis importante.

Ainda que para o programa de meteoescolas só precisamos datos de temperaturas e precipitacións, aproveitamos os outros aparellos que comprou o centro, para poder hacer outras medicións e relacionalos con aspectos da nosa vida cotiá, como por exemplo a medición da presión atmosférica ou ben a humidade do aire.

ARQUIVO DO DRIVE: 

 https://docs.google.com/document/d/1VlfAu5dx3rXCbrYNP9VAJC4FP-23YNlU/edit?usp=sharing&ouid=115731737361374472729&rtpof=true&sd=true


ALGO ESTAMOS A FACER MAL PORQUE O VENTO NON PODE SER SEMPRE CERO?
ABRIMOS A NOSA SEGUINTE LIÑA DE INVESTIGACIÓN?
- Será que está mal o noso anemómetro?
- será que o edificio do colexio, ainda que está bastante afastado, pode cortar a liña do vento?

ESTADE ATENTOS.... 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

REXISTRO DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA DO MES DE OUTUBRO

 Seguimos a traballar coa estación meteorolóxica. Ainda que o alumnado está moi motivado, as veces precisamos recordar o procedemento de med...