Os alumnos de 5º de Ed. Infantil tamén traballaron durante a asamblea o rexistro dos fenómenos meteorolóxicos que aconteceron durante o curso escolar. Para iso, fixeron un pequeno recuncho na clase para poñer o seu mural de seguimento e todos os días na asamblea traballaban o tempo.
Cabe salientar que todos os días repasaban o tempo, o que fixera o día anterior tamén. Pero ademáis tamén traballaron co vocabulario da roupa e calzado que debían levar segundo o tempo do día.
Ao rematar o mes, facían un reconto e comentaban si fora un mes chuvioso, soleado... tendo en conta o rexistro que tiñan en clase. Tamén o comparaban dentro do calendario escolar con respecto as estacións do ano.
O rexistro de todos os meses quedou gardado no corazón de todos os peques que formaban esta clase. Para o vindeiro curso tentaremos facer un libro de aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario