O grupo de 5 anos é un grupo moi curioso e moi participativo. Polo que traballar o tempo meteorolóxico durante a asamblea foi unha rutina fácil de levar adiante, pero ademais afondamos sobre as actividades que se podían realizar, a roupa, a comida que podía apetecer.... Polo que foi unha actividade moi importante no día a día da aula.
Pero ademáis ao finalizar cada un dos meses, quixeron facer algo diferente. Eles querían ser famosos como os presentadores do tempo da televisión, e por iso decidimos grabalos, mentres facían comentarios sobre o que rexistraran durante cada un dos mese.
Deixamos unha pequena mostra do seu traballo en formato vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario