lunes, 23 de marzo de 2026

A BIBLIOTECA COMPROMÉTESE CON CAMBIO CLIMÁTICO (23/3/26)

Con motivo do Día Mundial do Cambio Climático, a biblioteca do noso centro converteuse no escenario dunha actividade moi especial. Baixo o lema "O clima cambia. ¿E ti?", cada alumno e alumna do centro foi invitado a reflexionar sobre o impacto das súas accións no planeta e a escribir o seu compromiso persoal cunha gotiña de auga, que despois se colocou no gran mural exposto na biblioteca.

Porque cremos que cada pequeno xesto conta, quixemos contribuír coa nosa gotiña. Os compromisos recollidos foron moi variados: aforrar auga, plantar árbores, reciclar, usar o transporte público, coidar os animais... Centos de gotiñas escritas pola man do noso alumnado que, xuntas, forman unha gran ola de conciencia e responsabilidade colectiva.

Este mural é moito máis que unha actividade de biblioteca: é o reflexo do compromiso de toda a nosa comunidade educativa co coidado do planeta e co futuro que queremos construír entre todos e todas, cunha gotiña á vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

METEOFEST EN FOTOS

   O pasado venres despedimos o ano escolar por todo o alto cunha festa inesquecible: o  Meteofest . O escenario do ximnasio do colexio tran...