jueves, 26 de marzo de 2026

ENTREGA DE PREMIOS DE II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA METEOROLÓXICA (26/3/26)

ENTREGA DE PREMIOS DE II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA METEOROLÓXICA (26/3/26)

Por fin chegou o día que todos estabamos agardando. A entrega de premios do II  Concurso de Fotografía de Temática Meteorolóxica tivo que adiar a súa data orixinal do 23 de marzo por un motivo moi bo: foi necesario facer un desempate. E é que cando as fotografías son tan boas, tan boas, poñerse de acordo non é tarefa sinxela. Os xuíces tiveron que volver deliberar, comparar e deliberar de novo antes de poder pronunciarse. Dificultade máis que xustificada.

Finalmente, as grandes gañadoras deste ano son Carmen, de 1º da ESO, e Aldara, de 3º de Educación Primaria. Parabéns ás dúas! As súas fotografías souberon capturar algo especial, ese instante único no que o tempo atmosférico se converte en arte.

Pero se hai algo que queremos destacar por riba de todo é a gran participación e a altísima calidade do conxunto de fotografías presentadas. Este concurso demostrou unha vez máis que o talento no noso centro abunda, e que cando se propón un reto, o noso alumnado responde con ganas e con nivel.

E é que actividades coma esta teñen algo moi valioso: axúdannos a mirar o que nos rodea con outros ollos. A descubrir que unha nube, unha gota de chuvia ou un raio de sol poden ser moito máis do que parecen se nos detemos a observalos. A fotografía ensinanos que a perspectiva cambia todo.

Grazas a todos os participantes por facernos o traballo tan difícil aos xuíces. Ese é o mellor dos problemas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

METEOFEST EN FOTOS

   O pasado venres despedimos o ano escolar por todo o alto cunha festa inesquecible: o  Meteofest . O escenario do ximnasio do colexio tran...