lunes, 30 de marzo de 2026

REXISTRO DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA DO MES DE MARZO DE 2026

 Continuamos a traballar coa estación meteorolóxica do centro. Aínda que o alumnado amosa unha boa motivación, é necesario lembrar a importancia de seguir correctamente o procedemento de medición. O rigor na recollida de datos é fundamental, xa que permite obter observacións fiables e extraer conclusións útiles para futuros traballos.

O alumnado encargado destas tarefas é o grupo de 2º da ESO, que, organizado en parellas, se encarga ao longo da semana de realizar as diferentes medicións.

Cómpre sinalar que durante o mes de marzo producíronse algúns esquecementos por parte das parellas responsables. Debido á coincidencia con períodos de exames, foi necesario facer cambios na organización das quendas, o que xerou certa confusión e, nalgúns casos, provocou que a estación meteorolóxica quedase sen revisar. Esta situación pon de manifesto a importancia de manter unha boa coordinación e, sobre todo, de actuar con responsabilidade e rigor nas medicións.



https://docs.google.com/document/d/1NBHYSd2kDRupMwks4y4moJpC0R5hy08Y/edit?usp=sharing&ouid=115731737361374472729&rtpof=true&sd=true

No hay comentarios:

Publicar un comentario

METEOFEST EN FOTOS

   O pasado venres despedimos o ano escolar por todo o alto cunha festa inesquecible: o  Meteofest . O escenario do ximnasio do colexio tran...