lunes, 16 de marzo de 2026

ACTIVIDADE SOBRE OS TOPÓNIMOS DE GALICIA E A SÚA RELACIÓN COA METEOROLOXÍA (16/3/26)

No marco do proxecto de meteoroloxía desenvolvido no centro e como aportación a este proxecto dende a materia de Lingua Galega, o alumnado de 1º da ESO levou a cabo unha actividade de investigación centrada nos topónimos de Galicia e a súa relación coas condicións meteorolóxicas. A partir dunha selección de topónimos proposta pola profesora, o alumnado traballou en pequenos grupos para analizar a súa orixe, significado e posible vínculo co clima e coas características atmosféricas propias de cada lugar (vento, choiva, néboa, temperatura, etc.).

Ao longo do proceso, tiveron que buscar información en diferentes fontes, contrastar datos e reflexionar sobre como determinados nomes de lugar poden estar directamente relacionados coas condicións ambientais da zona. Ademais, situaron os topónimos nun mapa de Galicia, o que lles permitiu comprender mellor a súa distribución xeográfica e establecer relacións entre o territorio e os fenómenos meteorolóxicos. Como parte final da actividade, cada grupo expuxo as súas conclusións, explicando coas súas propias palabras a realidade que reflicte cada topónimo.

Esta proposta resultou especialmente motivadora e enriquecedora para o alumnado, xa que fomentou a súa curiosidade, o traballo colaborativo e as habilidades de investigación, ao tempo que lles permitiu establecer conexións significativas entre lingua, territorio e ciencia, reforzando así unha aprendizaxe máis global e contextualizada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

METEOFEST EN FOTOS

   O pasado venres despedimos o ano escolar por todo o alto cunha festa inesquecible: o  Meteofest . O escenario do ximnasio do colexio tran...