Ao longo de todo o curso, o alumnado de 5 anos de Educación Infantil realizou un excelente traballo de observación e rexistro diario das condicións meteorolóxicas. Cada día identificaron o estado do tempo (sol, nubes, chuvia, vento ou outros fenómenos atmosféricos) e incorporaron esta información ao calendario meteorolóxico da aula.
Ao remate de cada mes, levouse a cabo unha posta en común na que analizaron conxuntamente os datos recompilados, identificando cales foran os tipos de tempo máis frecuentes e comparando os rexistros dos diferentes meses. Esta actividade permitiulles iniciarse na observación sistemática, na recollida e interpretación de datos e na expresión oral, ao tempo que desenvolveron hábitos de constancia e traballo colaborativo.
Grazas á súa implicación diaria, o alumnado converteuse en auténticos observadores do tempo, demostrando que a curiosidade científica e o gusto pola investigación poden comezar desde as primeiras etapas educativas.
DIARIO DE REXISTRO DO ALUMNADO DE 5 ANOS:

No hay comentarios:
Publicar un comentario